v -A REPÚBLICA ROMANA foi un periodo da historia de Roma caracterizado
polo réxime republicano como forma de goberno, que se extende dende o
509 a.C, ata o 27 a.C.
-A República chegouse
despois da expulsión do último rei (Lucio Tarquinio el Soberbio) e o remate da
monarquía romana. Ríxese por unha constitución complexa, que se centrou nos
principios dunha separación de poderes, controis gubernamentais e equilibros de
poder. A evolución da República Romana foi fortemente influenciada pola loita
entre a aristocracia, patricios e os romanos con riquezas, pero que non eran de
familias nobres.
-O termo República provén das voces latinas Res: Cosa e Pública: Pobo.
-Nesta época o exército
romano impón a súa autoridade e dominio nunha extensa zona do mundo coñecido,
que inclúe terras de Europa meridional, Asia Menor e África setentrional. Neste
proceso de expansión impón o selo da súa cultura, pero ao mesmo tempo asimila o
complexo cultural dos pobos conquistados e Roma convírtese, deste xeito, na
herdeira e depositaria da cultura da Antigüedade.
v -ASAMBLEAS QUE HABÍA NA REPÚBLICA:
A
Antiga república romana tiña os poderes gubernamentais separados en 4
asambleas: O Comicio por curias, o Comicio por centurias, o Comicio por tribus e o Consello ou Asamblea da Plebe.
A
diferencia das cámaras modernas, estes corpos representativos combinaban as
funcións xurídicas, lexislativa e electorais, como o facían os maxistrados.
Aínda que non existía unha separación clara de poderes, o equilibro
constitucional e a división de poderes na República foi notablemente elaborado.
1. Os comicios curiados: era
a máis antigua asamblea romana despois do Comisio Calata. Cada unha das tres
tribus antias tiña 10 curias e estas á súa vez 100 homes. En total eran 3.000
persoas que constituían as curias xuntas. Este órgano, nun principio, elexía
aos máis altos maxistrados, pero posteriormente só confimaba e inauguraba as
eleccións da Asamblea por Centurias.
2. Os comicios centuriados: o
comicio por centurias incluía a patricios e plebeos organizados dentro de 5
clases económicas e distribuidos entre división internas chamadas centurias. A
membresía da Asamblea requería certo estatus económico e o poder recaía nos
membros da primeira e segunda clase. A asamblea reuníase anualmente ara elixir
aos cónsules e pretores, e cada
cinco anos para elixir aos Censores.
Tamén se reunían para intentar casos de alta traición, aínda que esta última
función acabaou recaendo en desuso.
O voto dun cidadán non contaba
dentro da Asamblea por Centurias. Mais o voto individual era contado dentro da
súa Centuria e determinaba o voto final desa Centuria.
3. Os comicios tributos: o comicio
por tributos inclúe a patricios e
plebeos distribuidos entre 35 tribus nas cales todos os cidadáns romanos
son ubicados para propósitos administrativos e electorais. A mayoría da
poboación urbana de Roma estaba distribuída entre 4 tribus urbanas, o cal
significaba que os votos individuais eran insignificantes. Como na Asamblea por
Centurias, o voto era indirecto, con un voto proporcionado por cada tribu. O
voto era polo tanto inclinado a favor das 31 tribus rurais. A asamblea por
tribus reuníase no Foro Romano, elixía aos ediles
e aos cuestores. Pero aos tribunos da plebe non os elixía a
asamblea tribal, senón a asamblea da
plebe, a que non tiñan acceso os patricios.
4. Asamblea da plebe: era
elixida polos cidadáns que compoñían a plebe. Os tribunos da plebe xurdiron
como contrapoder dos cónsules, en número de dous e para defender aos plebeos. O
seu nombramento correspondía ao Concilium
plebis.
A súa función esencial era a de
protexer a plebe individualmente ou como clase, contra eventuais
arbitrariedades dos maxistrados patricios.
v MAXISTRATURAS:
Chámase maxistratura romana á dignidade, cargo
e conxunto de atribucións coas cales, na Antiga
Roma, se investía a un cidadán para que desempeñara determinadas función
relacionadas coa administración e dirección política da cidade.
Na República Romana o
lugar do rey foi ocupado polos maxistrados aos que se lles chamou primeiro pretores e despois cónsules.
Co tempo, as funcións
dos cónsules disgregáronse nunha serie de novas maxistraturas: a cuestura, a censura, a pretura a
edilidade e a pretura peregrina. Todas elas compartían as características de ser colexiadas, temporais e responsables.
Ditas maxistraturas
constituían o goberno regular da cidade, e por iso eran chamadas ordinarias.
Frente a elas, creouse a ditadura, a
cal foi incorporada á constitución republicana co carácter de maxistratura
extraordinaria.
ü Maxistraturas ordinarias maiores:
1.
O
consulado (cónsules):
denominouse consulado á maxistratura romana que sustituíu á monarquía ao fronte
do Estado. Ocupábanse de executar leis e tomar as decisión máis importantes.
Cada ano elexíanse dous cónsules.
2.
A pretura
(pretores): os pretores eran
os encargados de presidir os tribunais, durante un ano, aínda que finalizado
este tempo podían convertirse en propretores e gobernar outro ano sobre uns
territorios determinados. Eran oito, e podían considerarse os axudantes dos
cónsules. Encargábase de realizar os xuizos, e aplicar os castigos aos
culpables.
3.
A censura
(censores): as función do censor estaban inicialmente confiadas
ao cónsul, que podía delegalas.
Exercíanse cada cinco anos e ao rematar realizábase un ritual de purificación
con varios sacrificio chamado Lustro. As súas competencias consistían en
revisar a lista dos cidadáns, a do Senado e decidir que obras públicar iban ser
costeadas pola República. As súas tarefas realizábanse durante 18 meses, e
remataban coa realización da ceremonia lustral xa reseñada, cesando
inmediatamente no cargo.
ü Maxistraturas ordinarias menores:
1.
A
Edilidade (edís): eran os
maxistrados menores sen imperio. Orixinalmente creáronse, á marxe da
constitución romana, edís plebeos
como asistentes do tribuno da plebe.
Logo estableceuse o edil curul, como maxistrado constitucional patricio. Dada a
igualdade de funcións, os edís curúes e os plebeos acabaron confundíndose nunha
soa maxistratura. As súas funcións eran: cuidar a orde pública; organizar xogos
e festas públicas; vixiar a orde e resolver as controversias que puideran
presentarse nos mercados. Ocupábanse de administrar as cidades romanas.
2.
A
cuestura (cuestores): Os
primeiros cuestores foron xueces encargados dos casos de asesinato da alta
traizón. Eran nombrados para cada caso e non constituían unha maxistratura
permanente. Simultáneamente a estes cuestores
xudiciais existiron os cuestores
administrativos, nos cales delegaba o rei a administración dos fondos
públicos. Coa república as súas función pasaros aos cónsules, que as delegaron
en dous cuestores civís (para o
Tesouro público) e en dous cuestores
militares (para as arcas do exército). Máis tarde o seu nombramento pasou
aos comicios tribunados.
v
O SENADO ROMANO:
O senado (do latín "senex, senis", ancián) foi unha das institucións do goberno da Roma
antiga . Orixinouse como
unha institución consultiva da monarquía romana, formado exclusivamente
por patricios (un representante de cada gens), e adquiriu
maiores prerrogativas coa República, en que pasou a
referendar a través da súa auctoritas os actos dos cónsules, estendendo a súa competencia aos actos doutros maxistrados e Comicios, temas relixiosos,
conflitos entre maxistrados, policía, crimes con pena capital cando esta era
conmutada, cuestións militares e financeiras e tratados internacionais.
O senatus consultum é un termo latino
arcairo que empregaba o Senado Romano
en tempos da República cando ésta estaba amenazada. As siglas SPQR (Senatus
Populusque Romanus) foi o anagrama para definir ao senado durante a República e
aparecía nas moedas, documentos oficiais, acordos, etc.
O seu lema era consules darent operam ne quid detrimenti
res publica caperet o bien videant consules ne res publica detrimenti capiat
(“os cónsules deben facer o que sexa en defensa da República). O senatus consultum ultimun reemplazou á
ditadura, dando aos maxistrados poderes semi-ditactoriais co obxeto de
preservar os poderes do Senado e defender a República. Trala consolidación do
Principado, este decreto era de tan pouca utilidade que non se volveu a
utilizar de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario